Marco Legal

Estatutos do Club

Normas xerais, dereitos e obrigacións dos socios do Club Natación Panas.

Descargar versión oficial

Documento completo en formato PDF, sellado y firmado.

Descargar PDF
Ref: EST-CNP-GAL Estado: Vixentes segundo Lei 3/2012

CAPÍTULO I: NORMAS XERAIS

Artigo 1º

O CLUB NATACIÓN PANAS é unha Asociación privada con personalidade xurídica e capacidade de obrar, integrada por persoas físicas ou xurídicas, con personalidade xurídica propia e capacidade de obrar, con domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia, que ten como obxecto primordial o fomento e o impulso da práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas, así como a participación en actividades e competicións deportivas calquera que sexa o seu nivel e destinatario.

Artigo 2º

O CLUB NATACIÓN PANAS practicará como principal modalidade deportiva a de NATACIÓN, e solicitará a ratificación dos Estatutos e a inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, de conformidade coa Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

Artigo 3º

O domicilio social do CLUB NATACIÓN PANAS fíxase na rúa ALFONSO IX, nº6, C.P. 15001, poboación A CORUÑA, Concello de A CORUÑA, Provincia de A CORUÑA.

Contacto: Teléfono 981139000 | e-mail: clubnatacionpanas@gmail.com

O Presidente cando as circunstancias o aconsellen, poderá acordar o cambio do domicilio social dentro da mesma localidade. Para o traslado do domicilio a outra localidade, que deberá ser sempre dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, será necesario o acordo maioritario da Asemblea Xeral Extraordinaria.

En ámbolos casos, o traslado de domicilio social non implicará modificación estatutaria, e terá de ser notificado aos socios, e ao Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

CAPÍTULO II: CLASES DE SOCIOS, ADMISIÓN, DEREITOS E OBRIGACIÓNS

Artigo 4º

O número de socios será ilimitado. A Asemblea Xeral poderá suspender, non obstante, a admisión de novos socios cando así o esixan razóns de aforo ou capacidade física das instalacións. Os socios poderán ser das seguintes clases: de número, honorarios, aspirantes e familiares.

Artigo 5º

  • Socios de número: todas as persoas maiores de idade, que satisfagan a cota social establecida pola Asemblea Xeral.
  • Socios aspirantes: Os menores de 18 anos. Terán dereito ao uso das instalacións sociais mediante a cota que se fixe e pasarán automaticamente a ser socios de número ao cumpriren a maioría de idade.
  • Socios honorarios: aquelas persoas ás que a Asemblea Xeral confira esta distinción e terán un posto de preferencia nos actos oficiais da sociedade.
  • Socios familiares: todas aquelas persoas que dependan economicamente dun socio de número e convivan con el no mesmo domicilio.

Artigo 6º

1.- Os socios de número terán os seguintes dereitos:

  • Contribuír ao cumprimento dos fins específicos da asociación.
  • Esixir que a Asociación se axuste ao disposto na normativa autonómica deportiva e ao establecido nos presentes Estatutos.
  • Separarse libremente da Asociación.
  • Coñecer as actividades da Asociación e examinar a súa documentación, previa petición razoada ao Presidente.
  • Expor libremente as súas opinións no seo da Asociación.
  • Ser elector e elixible para os órganos de representación e goberno da Asociación, sempre que teña plena capacidade de obrar.

2.- Son obrigacións dos socios de número:

  • Aboar as cotas que esixa a Asemblea Xeral.
  • Contribuír ao sostemento e difusión do deporte ou modalidades Deportivas.
  • Acatar cantas disposicións dite a Asemblea Xeral, a Xunta Directiva ou Presidencia, para o bo goberno da sociedade.

3.- Os socios aspirantes terán dereito a aproveitarse dos servizos e instalacións sociais da Asociación.

4.- Os familiares dos socios de número terán dereito a aproveitarse daqueles servizos e instalacións que se determinen, previo pago da cota fixada.

Artigo 7º

Para ser admitido como socio, en calquera das súas modalidades, será necesario:

  • Ter a idade sinalada para cada unha delas.
  • Solicitude por escrito dirixida á Presidencia.
  • Satisfacer a cota de ingreso correspondente.

Artigo 8º

A condición de socio pérdese:

  • Por vontade propia.
  • Por falta de pago das cotas sociais durante tres meses consecutivos, previo requirimento de pago, e consecuente Resolución da Presidencia.
  • Por acordo da presidencia no seu caso, fundado en faltas de carácter grave, previa audiencia da persoa interesada, que haberá de ser ratificado na primeira asemblea xeral que se celebre.
  • Por calquera outra causa establecida na lexislación vixente.

CAPÍTULO III: ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN E GOBERNO

Artigo 9º

Son Órganos de representación e goberno do Club, a Asemblea Xeral e a Presidencia.

Artigo 10º

A Presidencia é o órgano executivo do Club, posúe a representación legal, convoca e preside os órganos de representación e goberno executando os acordos destes. O cargo de Presidente é a título gratuíto. Será elixido mediante sufraxio libre, directo, o igual e secreto por e entre os membros da Asemblea Xeral, cada 4 anos.

Artigo 11º

O Presidente cesará por:

  • Transcorrer o prazo polo que foi elixido.
  • Dimisión.
  • Falecemento ou incapacidade física ou psíquica.
  • Aprobación dunha moción de censura pola Asemblea Xeral.
  • Inhabilitación por sentencia xudicial firme ou sanción deportiva.

Artigo 12º

Como órgano complementario dos de goberno e representación poderá haber unha Xunta Directiva que actuará como órgano colexiado de xestión do Club. Os membros serán designados e revocados libremente pola presidencia.

Artigo 13º

A Xunta Directiva convocarase pola Presidencia, con dous días de antelación como mínimo. Corresponde á Xunta Directiva:

  • Dirixir a xestión do Club, velando polo cumprimento do seu obxecto social.
  • Formular o inventario, memoria e presuposto anual.
  • Aplicar todas as medidas deportivas, económicas e administrativas precisas.

Artigo 14º e 15º (Secretario e Tesoureiro)

O Secretario coidará do arquivo, redactará documentos e levará o Libro de rexistro de socios e Actas.

O Tesoureiro será o depositario da Asociación, asinará recibos, autorizará pagos e levará os Libros de Contabilidade.

Artigo 16º, 17º e 18º (Asemblea Xeral)

A Asemblea Xeral é o órgano supremo do goberno do Club. Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario polo menos unha vez ao ano.

Competencias da Asemblea Ordinaria:

  • Memoria, liquidación do presuposto, balance e contas.
  • Presuposto para o seguinte exercicio.
  • Proxecto e propostas da Presidencia.
  • Proposicións dos socios.

Asemblea Extraordinaria: para modificación de Estatutos, elección da Presidencia, toma de cartos a préstamo, alleamento de bens inmobles, etc.

CAPÍTULO IV: RÉXIME DOCUMENTAL

Artigo 19º.- O réxime documental constará dos seguintes libros: Rexistro de Socios, de Actas e Contables.

Artigo 20º.- No libro de Rexistro de Socios constarán nomes, apelidos, DNI e cargos.

Artigo 21º.- No libro de Actas consignaranse as reunións, data, asistentes e acordos.

Artigo 22º.- Nos Libros de Contabilidade figurarán patrimonio, dereitos, obrigacións, ingresos e gastos.

CAPÍTULO V: RÉXIME DISCIPLINARIO

Artigo 23º.- Os órganos e socios estarán sometidos ao regulamento disciplinario do Club e ao disposto no Título VII da Lei 3/2012, do Deporte de Galicia.

Artigo 24º.- A Presidencia e Xunta Directiva responderán fronte os socios, o Club ou terceiros dos prexuízos que ocasionaren por culpa ou neglixencia grave.

CAPÍTULO VI: RÉXIME ECONÓMICO-FINANCEIRO

Artigo 25º

Queda expresamente excluído como fin do Club o ánimo de lucro. No futuro o patrimonio estará integrado por:

  • As achegas económicas dos socios.
  • As doazóns e subvencións.
  • Os resultados económicos de eventos organizados.
  • As rendas, froitos e intereses do seu patrimonio.

Artigos 26º a 30º

O Club poderá gravar e allear bens, mobles e inmobles, tomar diñeiro a préstamo e emitir títulos, baixo autorización de dous terzos da Asemblea Xeral Extraordinaria. Os títulos de débeda e parte alícuota patrimonial serán transferidos unicamente entre socios.

CAPÍTULO VII: REFORMA E DISOLUCIÓN

Artigo 31º.- Os estatutos só se poderán modificar por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria, mediante votación favorable dos dous terzos dos socios de número asistentes.

Artigo 32º.- O Club extinguirase ou disolverase por acordo de os dous terzos dos socios, sentencia xudicial ou causas legais.

Artigo 33º.- Disolvido O Club, o remanente do patrimonio social aplicarase a fins análogos de carácter deportivo.